A Xuventude Comunista solidarízase coas reivindicacións das traballadoras e traballadores do mar de cara ás vindeiras eleccións do día 28 de xuño nas confrarías, na súa loita fronte as situacións de privilexios caciquís que sosteñen actualmente os dirixentes destas.
Contra todas as manifestacións de fraudes, agresións e trabas ao exercicio do dereito de sufraxio que están sendo denunciados dende a convocatoria de eleccións, mostramos o noso rexeitamento a un sistema electoral que impide a democratización das cofrarías e a participación en igualdade de oportunidades para todos e todas as traballadoras de cara a elexir as súas futuras representantes, para que deixe de recaer esta responsabilidade en persoas que viven de aproveitarse dos beneficios do traballo das mariscadoras e que só actúan en defensa dos intereses dos patróns e dos empresarios da industria conserveira, desprezando a digna e xusta loita das mariscadoras.
Por isto, a Xuventude Comunista oponse aos comportamentos antidemocráticos que manteñen no mando das confrarías a dirixentes alleos aos intereses das traballadoras, en alianza cos poderes económicos e políticos da comarca, e pula porque a representación nestas sexa realmente para quen traballa no mar. O 28 de xuño é unha data fundamental para o sector marisqueiro, para as e os traballadores que defenden a produción cooperativa e a riqueza pesqueira contra os intereses industriais, que constitúe un ben social sometido polo de agora ás esixencias da clase dominante.