O pasado outubro, Stop Desafiuzamentos Compostela xunto a veciños e veciñas de Aríns, saían a evitar o desafiuzamento da familia de María e Carlos -unha familia con fillos e unha señora con problemas graves de saúde-, provocado por unha estafa inmobiliaria, unha mostra máis da barbarie do sistema capitalista.
O desafiuzamento levouse acabo, e fíxose usándo a forza e a violencia contra as e os manifestantes que estaban defendendo o dereito a vivir dignamente. Aos empuxóns e ás identificacións, súmase agora a chegada de varias multas a diferentes activistas que participaron no mesmo, de cifras que rondan os 300€.
Esta ola de sancións, que se repite contra outros movementos coma o sindical, o animalista ou o movemento contra barco de Coia, ven dentro da dinámica de represión contra calquera tipo de actividade política e social non afín ao Réxime. E está a aumentar; como podemos ver coa recente condena de Alfon. Pretenden facernos calar a través das sancións económicas e do medo á cadea, pero non imos de deixar de loitar polo que é xusto.
Por todo isto, a Xuventude Comunista traslada o seu apoio a todas as afectadas e afectados e condena esta persecución a un movemento social tan necesario. O sistema fará calquera cousa para garantir a súa supervivencia, mais esta represión sistemática indica que, se ben o Réxime aínda non está acabado, sabe que está nun momento decisivo.
De nós depende.
BASTA DE REPRIMIR AOS MOVEMENTOS SOCIAIS!
NIN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA!