I Resolución da Xuventude Comunista na Conferencia Galega de Medio Rural
Durante as últimas décadas, e paralelamente ao desmantelamento dos sectores produtivos, asistimos a un proceso de terciarización polo que o noso medio rural estase a transformar, abandoando o sector primario, dándolle máis peso ao turismo.
Así, mentres a UE financia programas de desenvolvemento en clave terciaria, elimina a cota láctea, reduce as cotas pesqueiras e afoga ás pequenas explotacións.
O turismo sustentado pola edificación masiva e non planificad, nomeadamente no litoral, ocasionou un importante desaxuste que afoga no paro á clase traballadora, vinculada antes aos sectores produtivos.
A Xuventude Comunista denuncia a terciarización do medio rural galego, que vai da man do desmantelamento dos sectores produtivos por parte dos gobernos central e autonómicos, respaldados polas políticas europeas, que pretendeu reducir o noso rural á única reliquia do pasado extraendo beneficios dun turismo rural que esconde a perda do tecido produtivo en favor das grandes explotacións e propietarios da terra.
Non á turistificación!
Vida digna nun rural vivo!