O derbi galego para a clase obreira galega!
O noso derbi volve este 23 de decembro, inmerso nas dinámicas imperantes nas últimas décadas no conxunto deste universo chamado fútbol. A escalada de prezos en todos os aspectos contraponse a opacidade das entidades e teñen como víctima sempre ás aficionadas.
O 5 de novembro saían á venta as entradas para o partido cuns prezos verdadeiramente abusivos, que van dende os 60 (as máis baratas) aos 90 euros. Estes prezos teñen como consecuencia a expulsión da clase obreira, e máis concretamente da mocidade, do estadio; privándoa do desfrute en directo da festa que significa este evento. 60 euros nas condicións actuais de explotación da mocidade poden chegar a supor máis do 10 ou 15% dun salario mensual medio; supoñendo que esta persoa non teña que desprazarse dende outra vila ou cidade de Galiza.
En toda polémica cos prezos das entradas non falta quen di que estas deben de ser caras, pois quen realmente segue aos equipos é socia do mesmo, e a xente que só vai a partidos importantes, ou ben é do equipo visitante, ou ben debe pagar pola súa falta de fidelidade. Este argumento pode ser válido para as visitas de Madrid e Barcelona pero non para o derbi.
O Deportivo e o Celta son os dous equipos insignias de Galiza e non só teñen afición na Coruña ou en Vigo, senón en todo o territorio. Unha siareira de Ourense non poderá asistir a case ningún partido ao estadio, pero debe ter a oportunidade de poder estar no derbi pois, ademais dun partido, é un espazo de confraternización entre dúas aficións que manteñen a súa rivalidade pero que ano tras ano abandonan a un pouco máis a súa enemistade. É tamén un encontro da clase obreira do país que a día seguinte falará do mesmo no centro de traballo, ou de estudos, no barrio, e na casa. É en definitiva un modo de tecer relacións.