No dia de hoxe na central térmica de As Pontes, titularidade de Endesea, produciuse un accidente que provocou o falecemento dun operario e no que tamén houbo outros dous operarios feridos. Ocorreu de madrugada, cando os tres traballadores se dirixían a tratar de solucionar un incidente na turbina da central térmica. Unha manivela dunha das máquinas saíu disparada alcanzando aos tres operarios. Aínda se está á espera de que se resolvan as investigacións abertas para esclarecer este feito.
No 2010 houbo outro falecido, neste caso dunha empresa auxiliar que se encargaba das tarefas de reparación. O xefe de obra da compañía auxiliar Graver Española precipitouse dende unha altura duns vinte metros, cando camiñaba por unha pasarela. O traballador estaba mostrando os lugares nos que tiñan que realizarse estes traballos a outros tres empregados.
As revisións e reparacións dos grupos da central cada vez están a ser mais apuradas e prestando menos atención a seguridade, con redución de tempo para acometelas, redución de plantillas nas empresas auxiliares e, cómo non, tamén reduccion de salarios. As condicións de traballo están a ser cada vez máis precarias e o estado no que están parte das instalacións é cada vez máis inseguro.
Nestes últimos anos a central térmica está a vivir tempos de incertidume, xa que todavía está no aire a posible tranformación que se ten que realizar na central como consecuencia da aplicación da última directiva de Emisións Industriais (DEI). Todo isto non é excusa para que Endesa non se preocupe en absoluto de que os operarios que ten nas súas instalacións estean a dobrar turnos continuamente e a traballar sen medidas de seguridade.
É necesario seguir a defender que as condicións da clase traballadora -e menos aínda a súa seguridade laboral- non poden estar a merced da patronal e dos empresarios, posto que estes sempre están dispostos a por por riba das nosas vidas os seus beneficios empresariais. É necesario que os traballadores e traballadoras sexan os directores das súas vidas, sendo quenes decidan sobre as empresas que co seu esforzo diario fan funcionar.